R.U. Xesús Bal e Gay | 19 e 20 de Outubro | LUGO

Crea Oportunidades para o Rural

TERRA CREATIVE JAM

0
Years
:
0
Months
:
0
Días
:
0
Horas
:
0
Min.
:
0
Seg.

PRECISAMOS QUE TE IMPLIQUES!

Buscamos novas ideas
para o rural coa xuventude!

Durante dous días poderás participar nun evento creativo onde crearemos novos proxectos para o rural do 2030!

DESCUBRE

As grandes posibilidades do rural e como o podemos apoiar

DESEÑA

Crea ideas e proxectos en equipo e gaña un montón de premios

APRENDE

A través dos nosos expertos ferramentas para acadar as ideas

INNOVA

Buscamos ideas innovadoras cara un futuro sostible

Onde imos intervir?

Os temas

Nunha Creative Jam traballamos cunhas temáticas moi concretas aínda que abordan temas moi xerais. 

 

Pretendemos dar solución e aportar luz a aqueles aspectos que máis nos preocupan cara poder dar oportunidades aos mozos e mozas do rural.

DESENVOLVEMENTO DO TURISMO RURAL

PRODUCCIÓN EFICIENTE E SOSTIBLE

DESPOBOAMENTO RURAL

OPORTUNIDADES LABORAIS NO RURAL

FENDA XERACIONAL E DE XÉNERO

XESTIÓN DO TERRITORIO

IDENTIDADE E PATRIMONIO

RURAL TECH

DIXITALIZACIÓN E CONECTIVIDADE

QUE É UNHA CREATIVE JAM?

Un novo xeito de crear
un mundo de ideas

A pandemia de COVID-19 conmocionou ao mundo e deixou ao descuberto fisuras nos nosos sistemas. Desde cadeas de subministración rotas ata desemprego masivo e disparidades raciais, as cousas deben cambiar!

 

Parece que queda xa lonxe pero non é certo e as consecuencias para o rural son moito máis profundas ampliando as fendas que existían xa antes daquela. Podemos deixar que a oportunidade de recuperación do rural pase por diante da nosa porta ou ben podemos pensar e ofrecer posibilidades para o futuro cara o ano 2030.

 

Facemos un chamamento a mozos e mozas de todos os recunchos da sociedade para que se unan e formen parte do cambio!

40

participantes

10

equipos

2

días

10

proxectos

Proceso creativo

O teu equipo
para crear futuro

Elixe unha temática

Xa vimos antes as temáticas coas que nos gustaría que traballaras na Creative Jam: estaría ben que elexiras algunha coa que te sentiras ben e na que poideras disfrutar

Conforma un equipo

Podes vir á Creative Jam co teu equipo creado (5 pax) ou ben deixarte levar e configuralo coas personas que asistan. Canto máis multidisciplinar mellor!

Crea unha idea

E de inmediato comezaremos o proceso creativo, teredes unha persona mentora que traballará con cada equipo e que vos irá guiando polas diferentes metodoloxías

Equipo

PREGUNTAS FRECUENTES

Antes de comezar é moi bo que te informes ben

Sí, a única condición que che poñemos é que teñas cumpridos os 18 anos.

Non, é un evento gratuito que cubre todos os gastos de mantenza, formacións e actividades. Se vés de fóra de Lugo avisa que poderás durmir de balde no Albergue Xuvenil Lug2.

Non, con que veñas tí e traias moitas gañas de facer cousas novas, xa está! Pero se traes o teu portátil moito mellor!!!

Absolutamente nada, fai todas as preguntas que precises. De tódolos xeitos non te preocupes na Creative Jam terás personas que te formen, te asesoren, te guíen,…

NON QUEDES CON DÚBIDAS

Podes contactarnos

Envíanos un WathsApp e respostaremos  de seguro

620 789 835

Os nosos expertos

Fórmate con elas e eles

Saúl Vérez
SEO
Raúl Ordóñez
Márketing Digital
Iria Quintáns
Comunicación
Karol Farias
Upciglyng

Queres ser Mentor ou Mentora?

Poderás axudar a crear.
A xuventude precisa de ti.

A creative Jam reunirá persoas e ideas que poden cambiar o mundo. Os mentores son unha parte absolutamente fundamental dunha Jam existosa; son os seus coñecementos e inspiración os que sacan o mellor dos nosos equipos. Se estás preparado para o desafío, únete ao noso fantástico equipo de mentores.
Os mentores tamén crean
Participación activa coa mocidade