Benvido e Benvida á TERRA Creative Jam
A túa mellor experiencia creativa.
Preparamos para ti un programa que che sorprenderá.
É imprescindible que cubras o formulario se queres asistir.
Evento aberto á participación de toda mocidade e outros interesados.
Lé atentamente o formulario antes de envialo.
Escolle ben as opcións do teu obradoiro.
Podes escoller 2 opcións de obradoiro por grupo, ordenalas segundo as túas preferencias.
Se deixas algún apartado de obrigado cumprimento en branco, o formulario non se enviará.
Inscríbete para participar no TERRA Creative Jam.
Estamos ansiosos por darche a benvida a este evento que se celebrará os vindeiros días. Agora é o momento de aproveitar en que os cidadáns, as empresas e o goberno buscan construír a nosa nova normalidade para un futuro para o rural socialmente inclusivo e ambientalmente sostible, e tí tés moito que dicir.
Definimos seis temas para o Creative Jam, que abarcan unha variedade de temas sociais e ambientais. E estamos preparados para deseñar contigo diferentes retos para o futuro do noso rural coa vista posta na Axenda 2030.
Os participantes, coma ti, optarán por traballar nun destes retos e atopar solucións que desenvolverás, prototiparás e presentarás durante o Hackathon presencial. Podes unirte como equipo existente ou vir como individuo e conformaremos un equipo no teu desafío preferido.
Para que isto funcione, proporciona os teus datos de contacto, información básica sobre sí mesmo e detalles sobre o tema que máis che interesa. Cando se confirme aos asistentes, volveremos conectar contigo con máis detalles.
E grazas! Xuntos podemos crear un NOVO RURAL!
Nota importante
O evento está dirixido exclusivamente a persoas maiores de 18 anos.
En caso de que o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles, darase preferencia ás persoas de ata 30 anos.
Se quedasen prazas vacantes, poderán ser cubertas por participantes de máis idade, sempre que cumpran os demais requisitos da convocatoria.
