PROGRAMA

Benvida e Benvido á Creative Jam do Campus Terra da USC en Lugo, precisamos que participes no futuro da nosa provincia polo que necesitamos que cantos máis mozos e mozas queirades e podades participedes con nós neste evento de creación de ideas. O kit de benvida daráche unha práctica referencia para todo o que farás durante este evento.

 

Unha Creative Jam é un evento que xunta a xente nova, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de «ser creativos» e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de talleres e un hackathon. En cada Creative Jam, hai unha serie de temáticas a abordar. As ideas, servizos e produtos que creas deberían ligarse ao tema do evento. Para esta seleccionamos unha temática que nos preocupa moito que está relacionada co futuro do Rural de Lugo.

CREA OPORTUNIDADES PARA CONECTAR CO RURAL

Usa o deseño, o pensamento creativo e a tecnoloxía para construír novas ideas, produtos ou servizos para o teu xeito de vivir, para os espazos rurais do futuro… Queremos que penses en deseñar novos lugares para xogar, vivir, traballar, mercar, comer e ser, así como o xeito de moverse por estes espazos, experimentar e interactuar con eles.

 

Ao longo do evento estarán a disposición varios expertos para que poidas entender mellor o tema e configurar a túa idea creativa para o futuro.

Temáticas

Como imaxinas a túa aldea ou vila dentro de 20 anos? Aquí podedes traballar propostas para frear o despoboamento, crear novos servizos para a xente nova ou deseñar espazos atractivos que fagan que a mocidade queira quedar ou volver.

Buscar ideas que aproveiten os recursos do mar, dos ríos e dos montes sen esgotalos: produtos sostibles, novas formas de producir enerxía limpa, iniciativas que coiden a biodiversidade e á vez xeren oportunidades de emprego.

Como usar a intelixencia artificial, a robótica, a fabricación dixital ou as apps para mellorar a vida diaria da comunidade? Pode ser en educación, saúde, mobilidade ou comunicación en zonas rurais illadas.

Pensar en proxectos que dean máis visibilidade, apoio e oportunidades ás mulleres no rural: desde redes de colaboración ata ideas de negocio innovadoras que rompan estereotipos e abran novos camiños.

Deseñar solucións para reducir plásticos, reutilizar materiais, compartir recursos e crear produtos que non xeren lixo. A idea é que nada se perda, todo se transforme e se aproveite.

Ir máis aló do turismo tradicional: propostas que coiden o territorio, impliquen á comunidade local, dean valor á cultura e garantan que quen visite o lugar deixe un impacto positivo.

Buscar maneiras creativas de conectar tradición e innovación: muralismo, música, teatro, deseño ou gastronomía como ferramentas para dinamizar un territorio e atraer talento novo.

Xerar ideas que fagan máis doadas a integración das persoas con diversidade funcional, migrantes ou colectivos vulnerables. O obxectivo é que ninguén quede atrás na vida social, educativa e laboral.

Como unir a sabedoría da xente maior coas inquedanzas da mocidade? Aquí podedes propoñer espazos, actividades ou proxectos colaborativos onde se aprendan uns dos outros, reforzando a identidade do lugar.

DÍA 1//

18 de outubro de 2025

DESCUBRE

9:00 – 9:30

REXISTRO E BENVIDA

Facultade de Administración e Dirección de Empresas (Estrada da Granxa,130 – Lugo)  https://maps.app.goo.gl/jQGi6DJ6x1Vm2G8r5

9:30 – 11:30

PRESENTACIÓN DO EVENTO

 

PRESENTACIÓN DE TEMÁTICAS

 

ICE BREAKER: DESCUBRE O RURAL

Pola mañá, segundo chegues poderás participar nun xogo de colaboración co fin de poder identificar os problemas que temos agora rural. Ao mesmo tempo comezaremos a configurar os equipos para o hackathon, se non tés equipo non te preocupes, farémolos alí.

11:30-13:00

PRESENTACIÓN DE EQUIPOS/MENTORES

 

Este é o momento de que coñezas aos membros do teu equipo. Busques información, crees expectativa sobre o que vas a facer. E vaias esbozando ideas sobre o que vas a facer.

13:00 – 14:00

XANTAR

Xantaremos todos xuntos. 

Será unha oportunidade para contactar con outros creativos e os expertos.

Asegúrate de informar das túas intolerancias alimentarias.

Pola tarde

14:30 – 18:30

WORKSHOPS

Ofrecémosche un abano de posibilidades formativas para que poidas adquirir coñecemento en diferentes áreas.

 

Prioriza a túa elección – Elixe o que che guste – Terás 2 tempos de formación – Poderás elixir 2 formacións en total.

18:30 – 20:30

ACTIVIDADE LÚDICA

PODERÁS elixir entre unha TARDE DE SCAPE ROOM ou TARDE DE ESCALADA EN ROCHÓDROMO

20:30 – 21:30

ACTIVIDADE DE REALIDADE VIRTUAL

Descubre unha nova experiencia innovadora e impactante que permite vivir sensacións únicas e inmersivas, transportando ás persoas participantes a novos mundos sen saír do lugar.

21:30 – …

CEA-FESTA no ALBERGUE LUG2

Prepárate ben!!!.

WORKSHOPS

O primeiro día de Creative Jam trata de aprender e explorar, terás a oportunidade de asistir a talleres creativos, empresariais e dixitais. Permitirache aprender novas habilidades clave para o teu futuro e axudarache a crear o teu prototipo tamén no momento.

Para saber que talleres asistirás, consulta a lista de asistencia do taller no punto de información.

IMPORTANTE: 

ALBERGUE LUG2 

O aloxamento será no Albergue Lug2 de Lugo para todos aqueles participantes que veñan fóra da cidade de Lugo.

 

TRASLADOS

A organización axudará a costear os gastos de desprazamento para aquelas personas que veñan de calquera parte de Galicia a Lugo, previa consulta coa organizacion xa que existe un desprazamento mínimo subvencionable, e sempre que se faga en transporte público.

DÍA 2//

19 de outubro de 2025

SOLUCIONA E CREA

9:30 – 13:00

COMEZAMOS

Durante o desafío de Creative Jam, primeiro tiveche que construír o teu equipo ( 5 compoñentes), no día anterior e unha vez que estiveche de acordo coa idea que querías traballar, aplicas e desenvolves as túas habilidades dixitais e creativas, a través de abordar cuestións do mundo real. Desafío prototipado de 6 horas contra as 24 horas.

No día de hoxe toca traballar máis no prototipo e logo expoñelo ante o xurado

OS MENTORES AXUDARÁNCHE

Cada equipo será coordinado por un mentor experimentado ao longo do día. Estarán alí para proporcionar ferramentas e métodos útiles para dar forma á súa idea, traballar no seu prototipo e preparar a súa presentación.

Xa tés clara unha idea e queres compartila cos teus compañeiros/as. Adiante! Para elo terás 5 minutos de exposición tras dos cales deberedes negociar se é válida ou non e se está dentro dun dos retos que nos plantexamos na Creative Jam. E comezamos a traballar nos equipos co noso mentor/a.

ESTO É COUSA DE 5 MINUTOS

Tamén terás que comezar a prepararte para a presentación do proxecto diante do xurado, as presentacións non poden durar máis de cinco minutos. Para estar ben preparado, instamos a un ou dous membros do seu equipo a asistir ao taller de pitching e presentación. Pode dividir o seu equipo para que algúns membros do equipo continúen traballando no proxecto, mentres que outros asisten ao taller con Iria.

Chegou o momento

16:00 – 16:30

PRESENTACIÓN DOS PROTOTIPOS

Ao rematar o evento, lanzarás o teu proxecto diante dun xurado profesional.  

16:30 – 17:00

EQUIPO GAÑADOR

De seguido proclamaráse o equipo gañador e faráse a entrega de premios e certificados.

PREMIOS

Elexiránse dous prototipos gañadores entre os que se repartirán os seguintes premios (entre outros).

  • Residencia formativa LOF TALENT para todo o equipo.
  • Programa de emprendemento EXPLORER USC.
  • 1º premio – Tarxeta-Regalo (valor 500 puntos)
  • 2º permio – Tarxeta-Regalo (valor 250 puntos)

E DESPOIS?

• Mantente en contacto co teu equipo. A túa idea é xenial? Segue traballando nela, configura un grupo de WhatsApp e prepárate para unha experiencia incrible!

Selección do mellor proxecto de Creative Jam para avanzar na fase de incubación a través do programa de incubación da LOF ou dos proxectos EXPLORER ou ARGOS DA USC.

• Programa de talleres, seminarios, residencias, prácticas e outros eventos prácticos en toda a rede de concentradores.

• Acceso a asesoramento, orientación e asesoramento de expertos sobre carreira e progresión futura.

Cuestión técnicas

REDES

Síguenos en redes sociales : @coworkinglug2 @lugopenfactory 

Hashtags #lughack #terrahack #terracreativejam

E a túa música preferida AYCH Spotify Playlist

 

 

ALOXAMENTO

Se vés de fóra de Lugo dámosche aloxamento de balde no Albergue Lug2.

Os servizos de aloxamento e mantenza son gratuitos así como a totalidade das formacións.

Este evento é de balde.

ONDE VAI SER A CREATIVE JAM?